O grupo valdeorrés Son do Sil actúa este sábado en Quiroga

O grupo valdeorrés Son do Sil actúa este sábado día 29 no Auditorio Municipal de Quiroga. Será ás 19:00h.

Esta formación naceu no ano 2008 na vila de O Barco de Valdeorras e dende entón ofreceron centos de concertos. No seu amplo e variado repertorio salientan estilos como o bolero, o tango, a canción sudamericana, as baladas, o pop, etc. Este sábado chegan a Quiroga cun concerto no que colabora a Deputación Provincial a través do Plan Provincial Único de Cooperación cos concellos.

No seguinte vídeo pódese ver ao grupo Son do Sil musicando o poema Galicia Docemente, de Manuel María. O contido deste vídeo foi emitido no programa Luar, da Televisión de Galicia.

Deixar un comentario