As festas de San Clodio non mudan de data e celebraranse o 30 e 31 de outubro

San Clodio estará en festas o martes 30 e o mércores 31 de outubro. Tamén foron programadas actividades para os dias 28 e 29. O programa é o seguinte:

Martes 30 de novembro

  • 11h – Alborada co Grupo de Gaitas de Ribas de Sil
  • 12h – Santa Misa
  • 13:30h – Xantar popular na Praza Maior
  • 20h – Magosto popular na Praza do Concello
  • 20:30h – Festa amenizada pola Orquestra Alianza

Mércores 31 de novembro

  • XX Festa da Terceira Idade (12h Santa Misa e ás 14h pinchos para os maiores na Praza do Concello)
  • 20h – Pancetada na Praza do Concello
  • 21h – Festa amenizada pola Orquestra Miramar

O Concello de Ribas de Sil prantexara na súa páxina en Facebook un cambio de data para os días 2 e 3 de novembro, aproveitando así a ponte do 1 de novembro, que é xoves. Finalmente mantívose a data de toda a vida, a maioría dos usuarios que participaron da consulta non o vía con bos ollos. A proposta do cambio fora realizada pensando na afluencia de público.

Deixar un comentario