O Courel celebra a festa do seu froito estrela, a castaña

O Concello de Folgoso do Courel celebra o sábado 3 de novembro unha nova edición, e xa van trinta e unha, da Festa da Castaña. Esta é unha festa de exaltación do froito estrela do Courel e está declarada de interese turístico de Galicia. Poñeranse á venda 700 quilos de castañas, un produto co selo de Indicación Xeográfica Protexida.

A festa abrirase ás 12h co grupo Cantores do Caurel. Durante todo o día, o Souto da Carroza de Folgoso acollerá postos de artesanía, productos e servizo de pulpo e churrasco e por suposto, con degustación gratuíta de castañas asadas e viño. Ademais poderase ver a elaboración do magosto de xeito tradicional.

Noutros tempos, a castaña quitou moita fame, e hoxe está volvendo a ser protagonista da cociña e respostería. Este feito foi determinante para elexir ao encargado de realizar este ano o tradicional pregón, será o premiado chef Miguel Angel González Quintela. O ourensán recibiu o premio a mellor cociñeiro de tapas de Galicia ou o primeiro premio no “Concurso de elaboración de pratos con ingredientes de castaña” entre outros moitos recoñecementos. O pregón será ás 13:30h.

Despois do pregón terá lugar a actuación do grupo de música tradicional Quenindiole e a tarde estará amenizada por música tradicional e de charanga.

Ás 20h actuación do grupo Carta de ajuste, que ofrece vesións de temas dos anos oitenta e noventa combinadas con bo humor e moitos risos, e a partir das 21:30h verbena.

A Festa da Castaña conta cunha aportación de 4.000€ da Deputación de Lugo -incluída no Plan Único anual-, 3.000€ da Xunta de Galicia e 1500€ que aporta Abanca.

imaxe: Turismo

Deixar un comentario