O Concello de Ribas de Sil consulta coa veciñanza un cambio na data das festas

O Concello de Ribas de Sil está pensando na posibilidade de cambiar a data da Festa do San Clodio para os días 2 e 3 de Novembro, aproveitando así a ponte do 1 de Novembro, que é xoves.

Toda a vida as festas foron o 30 e o 31 de outubro pero dende o Concello pensan que este cambio será positivo pensando na afluencia de público.

A pregunta, formulada no Facebook do Concello, xa conta con diferentes opinións: algunhas a favor mais a maioría non ven con bos ollos este cambio.

Deixar un comentario