Torneo de chave, xogos, pancetada, viño e música na Festa dos Empresarios

REDACCIÓN | QUIROGA


A Asociación de empresarios e comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel organiza este sábado día 25 a súa segunda Festa dos Empresarios, que neste caso terá lugar na Praza Maior de San Clodio. O horario das actividades é o seguinte:

  • Ás 16:00 horas haberá unha charla sobre o Xeoparque Montañas do Courel e a actividade emrpesarial.
  • Ás 17:00 horas comezará o torneo de chave e haberá xogos populares para os cativos.
  • Ás 19:00 horas, cata de aromas infantil.
  • Ás 20:00 horas, cata de viños a cargo de Pablo González, da Adega EDV.
  • Ás 21:00 horas dará comezo unha pancetada tamén con biscoito de balde. A continuación, actuacións musicais de Julio Ferrín e DJ Michel.

Deixar un comentario