Nace Futbolingalicia, un medio en galego para o fútbol afeccionado e feminino

REDACCIÓN | QUIROGA


Este venres 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, nace un novo medio de comunicación en galego. Futbolingalicia chega para ser a referencia do fútbol afeccionado e feminino no xornalismo dixital.

Seguindo a esencia do xa contrastado Futbolinlugo, www.futbolingalicia.es albergará un mínimo dun contido exclusivo e de calidade diario. Entrevistas, reportaxes e noticias de interese sobre o fútbol feminino e as categorías masculinas desde a Segunda RFEF á Primeira Galicia.

O equipo de Futbolingalcia está formado por un grupo de cinco xornalistas con experiencia a pesar da súa curta idade: Carlos Julio González, Carla Vizoso, Ángel Martínez, Marcos Fernández e Santi Real.

Deixar un comentario