O palco de música de Vilamor, un “símbolo do novo Courel” tras os lumes

REDACCIÓN | QUIROGA


A Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Caurel vén de rematar en Vilamor un traballo voluntario e colectivo dirixido por Carola Carrot, que consistiu na elaboración dun mural a partir de material e técnicas vernáculos.

O traballo, que está no palco de música desta aldea, representa as Montañas de Courel no friso e o bosque autóctono de frondosas no mural, destacando o castiñeiro.

O colectivo pretende que sexa un símbolo do novo Courel tras a vaga de lumes que afectou a serra no verán de 2022.

Trátase dunha das actuacións máis salientables das actividades previstas para este 25 aniversario da asociación, coa colaboración e apoio económico da área de Medio Rural, Mar e Mocidade Deputación de Lugo.

Deixar un comentario