O Quiroga Trail Challenge repite éxito “absoluto” na súa novena edición

REDACCIÓN | QUIROGA


O Quiroga Trail Challenge, celebrado esta fin de semana, repetiu éxito absoluto na súa novena edición. Nunhas xornadas solleiras, aínda que con baixas temperaturas, gozaron á vez corredores, acompañantes, voluntarios e organización. Foron sete carreiras e preto de 1.200 participantes en dous días cheos de nervios, ganas e, sobre todo,
emocións moi intensas.

Hoxe finalizou a segunda etapa da festa do trail galego, coas dúas probas que percorreron os máis recónditos lugares do territorio Lor.

Ao podio masculino do minitrail subiron Nicolás Besoy, Christopher Fernández e Eloy Martínez, en primeiro, segundo e terceiro posto, respectivamente. En mulleres, as gañadoras foron Beatriz Álvarez, Cristina Rodríguez e Aida Cadrado, nesa orde.

Na distancia trail, os gañadores foron David Rodríguez, Ramón Roselló e Álvaro González, respectivamente. As tres primeiras mulleres foron Lucinda Sousa, Esther Márquez e Patry Noya.

En canto aos circuítos, os gañadores do minitrail foron Christopher Fernández e Beatriz Álvarez; no circuíto trail, Javier Janeiro e Patry Noya; en distancia circuíto maratón, Eduardo Fabeiro e a portuguesa Lucinda Sousa. Finalmente, no circuíto ultra repetiu vitoria José M. Gil e Silvia Trigueros.

“TODO Á PERFECCIÓN”

Organización e voluntarios empregáronse a fondo durante toda á fin de semana “para que todo saíse á perfección e así foi”, destacan os organizadores, que cren que, “sen dúbida, o evento cumpriu as expectativas de todos os asistentes, tanto os corredores, como os acompañantes e voluntarios”.

Blas Rodríguez e José Manuel Rodríguez, ambos as dúas ‘almas’ do evento, confesáronse “infinitamente agradecidos polo labor desempeñado polos 140 voluntarios ao longo de toda a fin de semana, ademais de todo o seu traballo previo. Sen eles, isto non sería posible”.

OPINIÓNS

Balizaxes perfectas, seguridade garantida, avituallamientos de luxo, fotógrafos ao longo de todos os percorridos, recibimentos en meta que poñen os pelos de punta e un post xa máis que recoñecido. Son algúns dos elementos que destacan os protagonistas da festa do trail galego.

Coas emocións “aínda a flor de pel”, a organización e os concellos colaboradores agradecen unha vez máis “a confianza depositada neles”, ao tempo que aseguran que toman nota de todo aquilo que se poida mellorar pensando xa na próxima edición: o décimo Quiroga Trail Challenge, no que non descartan sorpresas.

Foto: Ivancho López

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s