REDACCIÓN | QUIROGA
Rubén Diéguez Quiroga e Carla Junquera Marqués coroan o podio do Ultra do Quiroga Trail Challenge 2023.
Este domingo continúa a festa do trail galego coa segunda etapa deste evento deportivo que transcorrerá unicamente por territorio Lor, gran descoñecido dentro do Xeoparque Montañas do Courel, por onde discorre a proba.
Ás 8.00 am, con temperaturas moi baixas e carreiros xeados tomaron a saída os valentes da distancia reina, a Ultra. Tras 7 horas e 9 inutos cruzou en primeiro lugar a meta o corredor Rubén Diéguez.
En mulleres a gañadora foi a madrileña Carla Junquera, cun tempo de 10h11’. Seguíronlles nos segundos postos o cantábro Fidel Fernández Varela (7h33’) e a vasca Silvia Trigueros (10h 25’).
O terceiro caixón ocupárono José M. Gil Bernárdez (7h37’) e Vanesa Pérez Castelao (10h 45’).
En canto á clasificación da maratón fixéronse cos primeiros postos o vallisoletano Santiago Mezquita e a portuguesa Lucinda Sousa, con tempos de 5h 3’ e 6h 4’, respectivamente.
Os segundos clasificados foron Marcos Rey Campelo (5h 22’) e a mallorquina Angels Llobera (6h 12’). E, no terceiro posto Jorge Rente López (5h 25’) e Rosa M.ª Araujo (7h 25’), respectivamente.
Dentro da distancia trail repartíronse o podium masculino entre Carlos Pernas (2h 25’), Bruno Cardamas (2h 29’) e Javier Janeiro (2h 30’).
No sector feminino subíronse Alba Rey (3h 01’), Laura Álvarez (3h 03’) e Patricia Noya (3h 11’).
Finalmente, na distancia minitrail completáronse os podios da seguinte maneira: Anxo Cid (1h 36’), no primeiro posto, Cristopher Fernández (1h 37’), no segundo e David Esteban (1h 40’), no terceiro posto masculino.
O podio feminino completouse nesta orde: Beatriz Álvarez (2h 06’), Vanesa Mella (2h 15’) e Benigna Toirán (2h 18’).
Este domingo 5, pecharase o QTC 23 coa segunda proba e as súas dúas distancias: o trail e o minitrail, ambos os do Lor; ademais de completar os circuítos dos deportistas que participen ambos os días en calquera das catro distancias: ultra, maratón, trail ou minitrail.
Foto: Miguel Rúa / Vídeos: DdQ