O trail galego, de festa esta fin de semana co noveno Quiroga Trail Challenge

REDACCIÓN | QUIROGA


O trail running galega estará de festa esta fin de semana coa celebración do Quiroga Trail Challenge. Está a piques de arrincar a novena edición desta gran proba deportiva na que, nesta ocasión, se inscribiron preto de 1.200 persoas que chegan con multitude de acompañantes que non deixan praza hostaleira sen ocupar en toda a comarca de Quiroga.

Organización e voluntarios ultiman as tarefas finais para este venres, 3 de febreiro, cando comezará o evento coa entrega de dorsais e a charla técnica a cargo do director de carreira, Blas Rodríguez, e parte da súa staff.

Unha edición que conta con sorpresas ata o final. Así é, aos xa alterados percorridos deste ano para evitar as zonas queimadas polos incendios do pasado verán, engádense agora novos cambios debido a derrubamentos ocasionados polas fortes choivas e as crecidas dos ríos.

“Buscamos sempre, ante todo, a seguridade de corredores e voluntarios. É a nosa máxima prioridade”, apunta a os membros da organización, que traballan contra reloxo para que todo estea a punto.

Plan para a fin de semana

O sábado terán lugar catro carreiras de diferentes distancias (ultra, maratón, trail e minitrail) e a andaina Coureleando. Todas elas contan con representación en grao sumo grande do mundo do trail, non só de Galicia, senón de toda a península.

Como favoritos da distancia ultra parten, en mulleres, a vasca Silvia Trigueros (tres veces gañadora do Tor de Geants) e a madrileña Carla Junquera. En homes, Fernando Arca e José Manuel Gil (gañadores do ultra e circuíto ultra, respectivamente), ademais do cántabro Fidel Fernández.



Na maratón disputarán os primeiros postos o cántabro Sergio Besoy e a mallorquina Angels Llobera, ademais de destacados representantes do trail galego e doutras comunidades.

O domingo, día 5, tocará territorio Lor co trail e o minitrail que, sen dúbida, non deixarán indiferentes a ningún dos deportistas, especialmente aos que participen no circuíto.

En canto á predición meteorolóxica, temos por diante unha fin de semana de sol e temperaturas baixas, sobre todo, a primeiras e últimas horas do día.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s