O Quiroga Trail Challenge supera as previsións e alcanza os 1.100 inscritos

REDACCIÓN | QUIROGA


O tirón do Quiroga Trail Challenge é incuestionable. A festa do trail galego celebrará unha nova edición na primeira fin de semana de febreiro e farao con arredor de 1.100 inscritos. Deste xeito, superará as previsións da organización, que, tras o ‘boom’ dos trails o pasado ano, desta volta agardaba uns 900 participantes.

A gran cantidade de deportistas que visitarán a comarca terá un impacto moi importante na economía local. Aínda queda un mes e xa non queda nin unha praza baleira para hospedarse durante esa fin de semana. Tamén os restaurantes e bares da vila prepararanse para unha fin de semana na que ven multiplicada a súa clientela.

Pero o impacto do Quiroga Trail Challenge comeza a notarse xa nestas semanas previas. Os diferentes percorridos do trail xa foron rozados e moitos dos participantes aproveitan para adestrar por eles e coñecelos antes da proba de lume, que chegará os días 4 e 5 de febreiro.

Por outra banda, dende a organización confirmaron que, logo de alcanzar o máximo de prazas dispoñible, pecharon as inscricións da andaina Coureleando. Outras das diferentes distancias do trail xa completaran as prazas hai semanas.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s