Quiroga Trail Challenge

O Quiroga Trail Challenge abre inscricións o domingo “con máis ganas que nunca”

REDACCIÓN | QUIROGA


Ás 20:00 horas do vindeiro domingo abriranse as inscricións para a nova edición do Quiroga Trail Challenge, que terá lugar os días 4 e 5 de febreiro de 2023. Os incendios do pasado mes de xullo non impedirán que este evento deportivo celebre a súa novena edición.

Con “máis ganas que nunca”, o Club Deportivo Montouto e o Concello de Quiroga asumen o reto de crear novos percorridos. Coa intención de “manter, no posible, o trazado, pero sen transitar polas zonas afectadas polo lume“, a organización optou por unir os percorridos dos trails do Castelo e do Lor.

O resultado é un Ultra Trail de case 61 quilómetros, esta vez en sentido contrario ao de anos anteriores no percorrido do Lor, pero superando a súa dureza e nivel técnico. Todo isto sen esquecer aos corredores de distancias máis curtas ou aqueles que se inician; para eles, o Quiroga Trail Challenge ofrece unha ampla variedade de distancias.

Deste xeito, os participantes poderán “gozar dos lugares máis inexplorados do Xeoparque Montañas do Courel”. A organización espera unha elevada afluencia de corredores, ao igual que na edición 2022, que en tan só tres horas xa contaba con 700 inscritos, alcanzando os 1.350 participantes e esgotando prazas en todos os aloxamentos nun radio de 30 quilómetros.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s