O BNG puxo en marcha este Nadal unha campaña para apoiar o comercio de proximidade. O concelleiro Xosé Manuel Fernández e varios membros máis da formación percorreron este Nadal diferentes establecementos da vila para coñecer a situación destes negocios.
Como agasallo, un calendario do novo ano cun deseño elaborado pola empresa local Deikí que representa un corazón coa forma do mapa do concello no que se pode ler o seguinte: Comercio de Quiroga, o latexo do teu pobo.
Os nacionalistas consideran que, malia ser un pequeno xesto, «por algo hai que empezar». Para este novo ano, pensan «tomar conciencia en consumir máis aquí, recomendaremos máis e tamén escoitaremos ideas para mellorar as posibilidades de saír adiante».