24 rapaces participan nun programa de voluntariado ambiental en Quiroga

Un grupo de mozos e mozas participan esta fin de semana en Quiroga nun programa de voluntariado ambiental da Xunta de Galicia. En total son 24 rapaces de Galicia e tamén doutros países.

Os participantes no programa que ten como principal obxectivo sensibilizar e fomentar o respecto polo patrimonio natural da comunidade e preservar e potenciar a zona.

Estes mozos, moitos deles descoñecedores ata o de agora do municipio, centrarán a súa actividade en preservar e conservar o noso medio, polo que durante esta fin de semana centraranse en recoller lixo polas zonas que percorran.

O primeiro lugar no que actuaron, acompañados do monitor que os acompaña e dun guía da empresa Tourgalia, foi o paseo fluvial polo río Quiroga. Se as condicións climatolóxicas o permiten, achegaranse tamén durante a xornada de hoxe ata o polígono industrial.

Mañá domingo teñen proxectado intervir no tramo de ruta que une Pena Furada, en Paradaseca, con Rugando.

Este é o segundo programa de voluntariado xuvenil da Xunta de Galicia que acolle Quiroga durante este ano. No mes de xullo acolleu un campo de traballo internacional que durante dez días estivo en Quiroga. O campo de traballo que tiña como base o medioambiente, a xeoconservación e a dinamización, centrouse no acondicionamento da Fervenza do Pombar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s