Constituídas sen incidencias as cinco mesas electorais para votar en Quiroga

2.821 quirogueses exercen este domingo o seu dereito a participar nas Eleccións Xerais. Na provincia de Lugo son doce as candidaturas que se presentan para elixir os representantes para o Congreso e o Senado. Como xa se fixo nas dúas últimas citas coas urnas, en Quiroga constituíronse cinco mesas repartidas en catro colexios electorais.

No centro social de Quiroga hai dúas mesas: na A poderán votar 642 quirogueses, que teñen os apelidos comprendidos entre as letras A e K; mentres que na mesa B poderán facelo 870, con apelidos da L ata a Z.

No centro social de Campos de Vila, poderán votar 557 persoas, empadroadas dende a parroquia do Hospital ata a parroquia da Seara.

Na casa da cultura de Quiroga instalase a mesa para os veciños das parroquias do Nocedo e A Ermida, ademais dos veciños do Lor Alto e do Lor Baixo. Nesta mesa, poderán exercer o seu dereito a voto 410 veciños.

A última mesa estará situada no muíño de Soldón, onde votan os veciños da zona de Sequeiros ata Vilarmel e Montefurado, e ten un censo electoral de 342 persoas.

Todas as mesas constituíronse a partir das oito da mañá co seu presidente ou presidenta e dous vocais, para abrirse ás nove da mañá aos votantes. As persoas que queiran exercer o seu dereito a voto terán toda a xornada para facelo, ata as oito do serán, momento no que se pecharán as mesas.

Fonte e imaxe: RTMQ

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s