Exploradores do Xeoparque para celebrar o Entroido no CEIP de Quiroga

O CEIP de Quiroga é un dos centros educativos máis implicados na difusión do proxecto do Xeoparque Mundial da Unesco das Montañas do Courel entre a cidadanía. Neste caso entre as alumnas, alumnos e as súas familias.

Dende o pasado ano levan traballando co Xeoparque como proxecto documental integrado.

O centro aproveitou a celebración do Entroido para seguir adiante con este proxecto. Así, os rapaces e rapazas e mais o profesorado percorreron as rúas de Quiroga disfrazados como “exploradores do Xeoparque”. O disfrace foi o mesmo en todos os estudantes, estaba formado por un chaleco cunha chapa co logotipo de Montañas do Courel, un sombreiro e uns prismáticos.

52940675_2302507973359042_7062233468050079744_n
Foron acompañados dunha pancarta na que se podía ler a seguinte inscrición: “O CEIP de Quiroga investigando o Territorio Xeoparque“. / Imaxe: Courel Mountains Unesco Global Geopark Project

Entre as actividades que se levaron a cabo no CEIP de Quiroga están dous grandes murais, realizados polo Equipo da Biblioteca. Nun deles apreciábase a imaxe da unión simbólica dos tres concellos que forman o territorio do Xeoparque: Folgoso do Courel, Ribas de Sil e Quiroga; no outro, podíase ver un gran mapa do territorio Xeoparque no que aparecían resaltados os lugares máis emblemáticos do mesmo.

No tempo de Nadal tampouco quixeron desaproveitar a oportunidade de colaborar. O alumnado realizou postais de Nadal, moitas con referencias ao proxecto do Xeoparque, e nalgunhas tamén aparecían outros motivos de Nadal, como a figura do Apalpador.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s