Unha marca con produtos moi ”Deikí”

Coa idea e a ilusión de arriscarse a emprender decidiron quedar a vivir en Quiroga. Óscar Gamallo acaba de poñer en marcha Deikí, unha marca de produtos relacionados coa nosa comarca e con Galicia.

Óscar fundou en 2013 o Moto Clube A Curuxa, unha actividade que lle consumiu moito do seu tempo e que fixo que deixase nun caixón a idea de crear Deikí. O ano pasado abandonou a directiva da Curuxa e agora decidiu retomar este proxecto. De feito, cóntanos que algúns dos deseños que sacaron á venda xa estaban feitos dende 2012.

Diario de Quiroga: Como nace a iniciativa?

Óscar Gamallo: No 2013 voltamos a Quiroga despois de varios anos vivindo fóra e finalmente quedamos a vivir aquí. Daquela eu non tiña traballo e a miña muller non tiña praza fixa de profesora e comezamos a pensar en emprender. Barallamos varios tipos de negocio pero sempre tiven claro en ligalo ao deseño. Ela xa deseñaba as camisetas da Feira do Viño do grupo de amigos e axudaba a facer carteis para algúns negocios. Agora aprobou e só pode botarme unha man coas ideas e cos deseños mentres eu compaxino o meu traballo con Deikí.

DdQ: Que produtos facedes? Algún que teñades planeado para o futuro?

OG: Facemos tazas, imáns, posavasos, bolsas de tela, fundas para móbiles e camisetas, todas cos nosos deseños relacionados coa comarca.

Gustaríame ampliar o catálogo de Deikí, por exemplo, facendo sudaderas ou gorras, sen dúbida, pero de momento seguiremos pensando novos deseños con estes produtos.

deiki-quiroga 1.jpg

DdQ: Que materiais utilizades?

OG: Usamos produtos textís de algodón con deseños en serigrafía e técnica de sublimación para o resto de produtos, como as tazas, imáns…

DdQ: Empregaredes as redes sociais para promocionarvos?

OG: Por suposto! Hoxe en día é unha ferramenta totalmente necesaria para chegar ao público. Xa temos Facebook e Instagram, ademais da nosa web deiki.eu

DdQ: Tedes algunha iniciativa en mente para os vindeiros meses?

OG: Nos próximos días abriremos a páxina web e nos vindeiros meses gustaríame poder vender os nosos produtos tamén nalgunha das feiras ou festas da comarca. Poñer un posto na Feira do viño de Quiroga faríame moita ilusión porque de empezar a deseñar para ese evento foi de onde naceu a idea de Deikí.

DdQ: Vexo tamén no voso Facebook a figura de Novoneyra, tedes pensado algo sobre el?

OG: Si, dous dos modelos de camisetas están inspirados na figura de Uxío. Puxémonos en contacto coa súa Fundación e déronnos o visto bo para levar a cabo os deseños.

deiki-quiroga novoneyra

DdQ: En que vos inspirades para os deseños?

OG: En todo o que estea de actualidade no mundo e o adaptamos á comarca ou a Galicia en xeral, cun toque de humor.

DdQ: Puntos de venda.

OG: Neste momento temos produtos á venda en Quiroga en Librería Celia e na Estación de Servicio. Pero seguramente buscarei outros puntos en Ribas de Sil e Courel. Ademais haberá venda online a través da web.

deiki-quiroga taza.jpg
A taza ”Quiroga” inclúe o nome de todas as poboacións do concello.

facebook

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s