Alumnado dos tres concellos deuse cita onte no Auditorio de Quiroga

Alumnos e alumnas de tres centros educativos da comarca -CEIP de Quiroga, CPI Uxío Novoneyra e CEIP de San Clodio- déronse cita na mañá deste xoves día 20 para o visionado dunha serie de vídeos elaborados polo propio alumnado durante uns obradoiros audiovisuais organizados polo GDR Ribeira Sacra-Courel.

En Quiroga, a gravación destes vídeos de exaltación do concello desenvolveuse no Museo Etnográfico de Quiroga e contou coa participación do director deste museo, Ramón Vila. A actividade foi levada a cabo por Ana e Paulino, da produtora Némesis.

Estes vídeos están a ser subidos á páxina de Facebook do GDR Ribeira Sacra-Courel. Xa publicaron tres: un de Ribas de Sil (Os pros de Ribas de Sil), un de Folgoso do Courel (Lourdes e os Coureliños) e outro de Quiroga (Benvidos a Quiroga).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s