O Courel celebra unha mesa redonda sobre Elba, a súa habitante máis vella

Este sábado 10 de novembro terá lugar en Seoane unha mesa redonda sobre Elba, a pastora courelá de 9.300 anos, na que se fará unha reconstrución do drama do último día de vida desta habitante de Courel-Ancares. Será ás dez e media da mañá na Estación Científica do Courel e contará coa presenza de seis persoas que compuxeron o equipo de investigación.

En decembro de 1997 durante unha exploración espeleolóxica produciuse o achado casual dos primeiros restos de humanos fósiles no carst de Courel-Ancares. Déuselle un nome celta, Elba, que significa ”a que vén das montañas”.

A investigación finalizou en 2016 e foi un proceso longo e custoso, tamén en diñeiro, e implicando a varias institucións galegas e a 7 especialistas en ciencias forenses, arte forense, bioloxía molecular, ADN fósil, paleontoloxía do Cuaternario, espeleoloxía e xeoloxía do Cuaternario.

É difícil atopar un equipo máis completo e máis altamente especializado e que ademais estea a traballar en centros de investigación de Galicia e non dispersos, como é o habitual, por todo o Mundo. Se faltase algún dos sete especialistas que participaron no traballo non poderían conseguirse os resultados finais. É a mellor e máis completa reconstrución paleoambiental, implicando a restos humanos, que se fixo en Galicia ata o momento, baseada en datos reais.

Na mesa redonda que se celebrará este sábado intervirán Fernando Serrulla Rech (Forense), Margarita Sanín (Artista forense), Marcos Vaqueiro Rodríguez (Espeleólogo), Gloria González Fortes (Especialista en ADN e Bioloxía Molecular), Aurora Grandal d’Anglade (Paleontóloga) e Juan Ramón Vidal Romaní (Xeólogo).

A actividade está organizada polas universidades de Coruña e de Santiago de Compostela, a Unidade de Antropoloxía Forense de Verín do Instituto de Medicina Legal de Galicia e a Real Academia Galega de Ciencias.

Imaxe: collage realizado por Carlos J González para O Eco do Val a partir de imaxes extraídas dos Cadernos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe, Informe antropolóxico forense realizado por M. Sanin e F. Serradulla
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s