Presentada unha guía sobre a xeoloxía das Montañas do Courel

Este luns 20 de agosto tiñan lugar unhas xornadas de difusión do patrimonio xeolóxico e gastronómico do territorio que conforma o Proxecto do Xeoparque Mundial da Unesco Montañas do Courel. O acto tivo lugar no Salón de Actos Ánxel Fole da Casa de Cultura de Quiroga.

O primeiro en intervir foi Enrique Díaz Martínez, membro do Instituo Xeolóxico e Mineiro de España, o IGME. Díaz Martínez contou que o patrimonio xeolóxico son todos os elementos naturais xeolóxicos con valor e a súa principal utilidade é o aproveitamento do emprego potencial científico, turístico e didáctico do mesmo.

Máis tarde tomou a palabra o investigador Daniel Ballesteros, que é un membro activo do Comité Científico do Proxecto do Xeoparque Montañas do Courel, e que tratou As rochas das Montañas do Courel, os nosos recursos máis sólidos.

Ballesteros aproveitou para falar da publicación que se presentaba durante o acto e da que é un dos seus autores. Segundo o investigador, a guía xeolóxica Las Montañas do Courel: una geología muy humana ”non pretende ser unha enciclopedia, senón unha primeira pincelada para achegar a información á xente de aquí e de fóra e que o podan entender”; tamén sinalou que outro dos obxectivos é que cando veña unha persoa de fóra, nós sexamos capaces de explicarlles ”a xeolóxía, os usos das rochas, que eran as caleiras, as ferrerías, que é o pregamento do Courel e todo este tipo de elementos”.

LIBROS

A primeira parte está adicada á xeolóxía do substrato: as rochas, os fósiles, os pregamentos, etc; a segunda trata o paisaxe, coa vexetación, a erosión, as covas, etc; e a terceira parte -seguramente a de maior importancia- conta o uso que lle deu o ser humano ao patrimonio xeolóxico dende o Paleolítico ata a actualidade. Todos os asistentes foron agasallados cun exemplar desta publicación, que foi editada pola Asociación Montañas do Courel.

Ao remate das dúas conferencias tivo lugar unha cata de viños.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s