De Vacas encheu a Praza de España de Chantada nun divertido concerto

De Vacas actuaron na segunda edición do Festival 17º Ribeira Sacra, en Chantada. As voces da Pinta, a Morena e a Marela e a guitarra da Rubia, como elas mesmas se fan chamar, ofrecen un directo divertido e que non deixa a ninguén indiferente. A Praza de España chantadina estaba ateigada de persoas de todas as idades que aproveitaron a soleada mañá deste domingo día 29 para desfrutar de boa música e diversión.  Ao remate do seu concerto falaron con Diario de Quiroga.

Diario de Quiroga: Facedes un espectáculo moi divertido, no que interactuades coa xente e baseado nas versións, como comezou o voso grupo?

De Vacas: Sempre contamos que hai uns tres anos xuntámonos e empezamos a falar do moitísimo que nos gustaban as Spice Girls. Hai como vinte anos houbo un fenómeno fan coas Spice Girls e nos fomos vítimas. Defendiamos ademais que esa música era boa, a día de hoxe hai xente que di que non facían boa música, nos cremos que si e por iso quixemos facer un grupo para versionalas.

DdQ: Ou sexa que De Vacas naceu a partir do voso gusto polas Spice Grils…

DV: Xusto, logo Guille (Guillermo Fernández) falounos doutros grupos, nós tiñamos un descoñecemento absoluto. Reivindicamos os grupos que marcaron a nosa adolescencia e na liña das Spice Girls: Backstreet Boys, Christina Aguilera, Britney Spears…

DdQ: Que proceso seguides para facer as versións das cancións?

DV: Cada tema ten un proceso diferente. Hai algúns que nos inspiran musicalmente, outros que a letra nos parece terrible entón xa é motivo para cambiala… Xuntámonos nos nosos almorzos e iso é un bombardeo de creatividade. Cada tema é un mundo.

DdQ: De que falan as vosas letras?

DV: Falan un pouco de todo. Ás veces facemos letras con tinte feminista, collemos letras machistas e dámoslle un toque feminista. Outras veces simplemente metemos unha letra no Google Translator e o que sae depois moderámolo para poñer ao noso gusto. As fontes son variadas e diferentes.

devacas1.jpg

DdQ: Ademais da parte musical, non falta o entretemento nin a diversión…

DV: Dende o escenario vense diferentes reaccións: xente que lle fai moita gracia o que facemos, xente que sinte algo de vergoña, hai xente que se sorprende como que non da creto do que está vendo. Sexa como sexa non quedan indiferentes e temos entendido que polo xeral todo o mundo o pasa ben, non hai ninguén sufrindo (risos).

DdQ: Neste verán tedes moitos concertos?

DV: Si, de feito xa levamos unha boa tunda porque este mes de xullo foi moi movido. Agora remata a xira de xullo e comeza a de agosto, temos moito traballo e non nos podemos queixar.

DdQ: Durante o verán seguen saíndo novos temas, estades pendentes para ver cales vos cadran mellor para versionar nun futuro?

DV: Si, temos algún xa na mente, dándolle voltas. Na época do verán facemos concertos e despois na época do outono empezamos a encerrarnos para crear e xerar novos temas e ideas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s