Adrián Otero Vila expoñerá America Untitled en Quiroga

A sala de exposicións Manuel María do Concello de Quiroga acollerá entre o 3 e o 17 de agosto a exposición de fotografía artística America Untitled, de Adrián Otero Vila. A inauguración da mostra terá lugar o día 3 de agosto ás 12:00h.

America Untitled é unha colección de imaxes feitas no oeste americano, por Adrián Otero Vila. O traballo naceu do amor polas paisaxes do oeste dos Estados Unidos, unha admiración que empurrou ao fotógrafo ata o cume de volcáns, desertos remotos, a camiñar centos de quilómetros por bosques, a camiñar en lagos conxelados, e a refuxiarse no coche no medio de grandes tormentas de neve. Sen importar a situación, e sempre cunha cámara ao lado, America Untitled é o resultado de anos de traballo e esforzo, así como miles de millas na estrada nos vastos espazos que un se atopa en lugares coma Oregón, Idaho ou Arizona, ata un total de 25 estados.

America Untitled é un traballo de 45 imaxes, feitas cunha cámara analóxica tradicional e empregando película en branco e negro. Unha estrita selección de entre os 250 rollos de formato medio empregados.

aov1.jpg
Imaxe: aows.co

Natural de Monforte de Lemos, Adrián viviu os primeiros anos da súa vida en Quiroga. Tras pasar uns anos en Estados Unidos, está a mostrar o seu traballo America Untitled por Galicia, empezando na Casa da Cultura de Quiroga. Como fotógrafo ten varias publicacións: Lightroom cc workflow, libro electrónico publicado xuño de 2018; Examples of the pnw, ebook publicado marzo de 2018; e Went west, libro en rústica que saiu en maio de 2017.

Imaxe: aows.co
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s