Inaugurado o novo Centro de Interpretación das Covas do Courel en Meiraos

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado da alcaldesa da localidade, Lola Castro, e doutras autoridades, participou esta mañá na inauguración do Centro de Interpretación das Covas do Courel, emprazado nun antigo local social rehabilitado da parroquia de Meiraos.

O proxecto fíxose realidade tras acadar o compromiso e apoio de distintas administracións que permitiron achegar un investimento total de 75.000 euros dos que 40.000 euros procederon dun convenio de colaboración asinado coa Consellería de Cultura e Educación e Agader, 24.000 correrán a cargo do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) da zona e a cantidade restante procede directamente de fondos públicos municipais achegados polo Concello.

Recurso turístico de primeira magnitude
O Centro de Interpretación das Covas do Courel pretenden ser un recurso turístico de primeira magnitude que non só poña en valor o rural da zona, senón que contribúa á impulsar a actividade comercial e o emprego desta localidade, grazas á chegada de visitantes e especialistas interesados en coñecer este patrimonio natural.

Nas súas distintas salas, totalmente rehabilitadas para este novo fin, as instalacións serven de contedor dunha multitude de información sobre as características, historia e curiosidades das cavidades das Montañas do Courel. Así pode verse, tocarse e comprobar, con distintos elementos e tecnoloxías audiovisuais, como se formaron as covas, a bioloxía presente nas mesmas (distintas especies animais e vexetais), a descrición do seu valor paleontolóxico e arqueolóxico e, finalmente, unha visión das mesmas desde o punto de vista da espeleoloxía e o acceso a través dos barrancos.

“O estudo destas covas, das súas pegadas, a interpretación de toda esta riqueza, os misterios que aínda agochan, son novas razóns que nos invitan a descubrir esta terra, un dos espazos máis impresionantes que o home ou a muller puido imaxinar”- dixo Balseiro.

Xeoparque Mundial da UNESCO
O delegado tamén destacou a importancia deste novo recurso para completar unha rede que ten por obxecto dar a coñecer o inmenso tesouro natural que hai na zona e, en particular, que aspira a recibir o recoñecemento mundial como xeoparque da UNESCO. Así ao centro de interpretación hoxe inaugurado súmaselle o museo etnográfico de Quiroga e o centro de interpretación de Ribas de Sil.

Pola súa banda a alcaldesa, Lola Castro, avanzou que o Concello está traballando na organización dunhas xornadas de portas abertas que se anunciarán nas vindeiras datas e que permitirán a todos os veciños do xeoparque (Ribas de Sil, Folgoso do Courel e Quiroga) e a todos os que estean interesados en achegarse, coñecer, difundir e promocionar as Covas do Courel.

No acto, ademais do delegado territorial da Xunta e da alcaldesa, tamén estivo presente o secretario xeral de Agader, Severino Álvarez e Martín Alemparte, xerente do GDR da Ribeira Sacra.

Advertisements

Un comentario en “Inaugurado o novo Centro de Interpretación das Covas do Courel en Meiraos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s