Así é ”O Eco do Val”, o xornal do alumnado do IES de Quiroga

Por segundo ano consecutivo o alumnado de 3° e 4° de ESO do IES de Quiroga, dentro do programa Escola de Prensa que convoca o periódico lugués El Progreso, elaboraron unha publicación con artigos redactados ao longo do curso. A edición deste ano de ”O Eco do Val” xa foi impresa e repartida entre os alumnos e alumnas participantes.

O proxecto de Xeoparque das Montañas do Courel era un dos temas centrais deste xornal, que contaba con artigos sobre Paleontoloxía, Xeoloxía e Natureza. Montefurado en perigo, as Pegadas glaciares na nosa contorna, As rochas que forman a nosa contorna ou A habitante máis vella das Montañas do Courel son algúns dos moitos artigos que conforman a sección A Nosa Comarca. A outra sección, O Noso IES, céntrase nas saídas, conferencias e exposicións que tiveron lugar no Instituto de Quiroga e conta cunha entrevista a Xurxo Souto e outra ao debuxante Manel Craneo, entre outros moitos artigos.

Ademais o xornal El Progreso concedeu un total de 3 premios a “O Eco do Val”. Foron premiados polo mellor conxunto de reportaxes científicos, recibiron tamén o premio a mellor fotografía e o recoñecemento á mellor crítica cultural polo artigo “Sad Brown Girls”, realizado polo alumnado de inglés de 3° de ESO.

A segunda edición de ”O Eco do Val” está dispoñible para consulta e descarga premendo na seguinte ligazón: O ECO DO VAL 2018

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s