Prazo aberto para inscribirse nos campamentos de verán de Quiroga

REDACCIÓN | QUIROGA


O vindeiro luns día 17 abre o prazo para inscribirse nos campamentos de verán de Quiroga. Segundo anunciou a concelleira de Educación, Infancia, Igualdade, Maite Pérez Grao, os campamentos que desenvolveranse durante os meses de xullo e agosto e contan cunha subvención do Plan Corresponsables da Xunta de Galicia solicitada a través do CIM.

Os nenos participantes, un máximo de 110, estarán supervisados por oito monitores con titulación de monitor de ocio e tempo libre, ademais de voluntarios e un coordinador. Todas as actividades dos campamentos ifurarán nun proxecto de conciliación que incluirá tamén piscina e clases de natación.

Outra das novidades é que os campamentos empezan antes. Ás dez da mañá será a hora de entrada, para que ás 10:30 todos os participantes estean incorporados e se poidan comezar as actividades sen interrupción. A hora de remate seguirá sendo as dúas do mediodía nas piscinas municipais.

Os campamentos están abertos a todos os nenos, tanto os que viven en Quiroga como aqueles que veñen pasar as vacacións, con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, aínda que en caso de necesidades concretas por conciliación poderase ampliar algún caso ata os 13 anos. Ademais, este ano ábrese a nenos con necesidades especiais, que terán monitores exclusivos para eles.

Os nenos interesados en participar terán ata o 27 de xuño de prazo para inscribirse na casa da cultura ou no Centro de Información á Muller do Concello de Quiroga.

Deixar un comentario