A Anpa do Courel protesta polos cortes e retrasos na obra da estrada

REDACCIÓN | FOLGOSO DO COUREL


A Anpa do Cpi Poeta Uxío Novoneyra volveu queixarse en Seoane do Courel polos reiterados cortes e retrasos nas obras da estrada no tramo Ferrería Vella-Seoane. A concentración tivo lugar na entrada de Seoane e déronse alí cita máis de cen persoas, entre pais, nais, nenos e veciños que se sumaron á protesta.

Os continuos cortes do tráfico, o estado dos desvíos propostos e os retrasos na finalización da obra están a afectar aos transportes escolares dende hai case dous anos. “Ademáis das dificultades diarias dos transportes escolares para pasar polo tramo afectado, hai uns días produciuse un desprendemento a consecuencia dos traballos que se están a realizar e pecharon a estrada durante varios días, agravando a xa precaria situación en que os nenos teñen que viaxar ao colexio”, indican dende a Anpa.

Deixar un comentario